jueves, 24 de enero de 2019

La gran poeta gallega ROSALÍA de CASTRO y tres de sus preciosos poemas


ROSALÍA DE CASTRO 
(Santiago de Compostela, 1837-Padrón, A Coruña, 1885) 

É a máxima representante da poesía galega. Na súa obra aparece reflectida toda a natureza, sociedade e inxustiza sufrida polos habitantes de Galicia, ademais de transmitir os seus propios estados anímicos. 
Da súa obra Cantares galegos escollemos os seguintes poema:


PASENIÑO, PASENIÑO

Paseniño, paseniño
vou pola tarde calada
de Bastabales camiño.

Camiño do meu contento;
i en tanto o sol non se esconde
nunha pedriña me sento.

E sentada estou mirando
como a lua vai saíndo,
como o sol se vai deitando.

Cal se deita, cal se esconde
mentras tanto corre a lúa
sin saberse para donde.

Para donde vai tan soia
sin que aos tristes que a miramos
nin nos fale nin nos oia.

Que si oira e nos falara,
moitas cousas lle dixera,
moitas cousas lle contara.



¡PRA Á HABANA!                     

Vendéronlle os bois, 
vendéronlle as vacas, 
o pote do caldo 
i a manta da cama. 
Véndéronlle o carro 
i as leiras que tiña, 
deixárono soio, 
coa roupa vestida. 
«María, eu son mozo, 
pedir non me é dado, 
eu vou polo mundo 
pra ver de ganalo. 
Galicia está probe, 
i á Habana me vou... 
¡Adios, adios, prendas 
do meu corazón!»


CASTELLANOS DE CASTILLA (fragmento)

Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos;
cando van, van como rosas;
cando vén, vén como negros.

Cando foi, iba sorrindo;
cando veu, viña morrendo;
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito.
….
Foi a Castilla por pan,
e saramagos lle deron;
déronlle fel por bebida,
peniñas por alimento.

Déronlle, en fin, canto amargo
ten a vida no seu seo...
¡Castellanos, castellanos,
tendes corazón de ferro!



No hay comentarios: