XULIO LÓPEZ VARCÁRCEL (Lugo, 1953)
Xulio López Valcárcel é licenciado
en Dereito e Procurador dos Tribunais.
Escritor de relatos, novelas e ensaios, así
como artigos en prensa e radio sobre arte e literatura; con todo, aquí
interésanos por ser un dos mellores poetas en lingua galega. Pertence á
Xeración Poética dos Oitenta.
Autor con numerosos galardones, entre os que
figuran o Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, o Premio Guimaraes,
en Portugal, o Premio "Celso Emilio Ferreiro" do Concello de Santiago
de Compostela en 1979, o Premio "Antonio Tovar" en Orense, o Premio
Miguel González Garcés (1993), o Premio "Irmandade do libro", outorgado
pola Federación de libreros, (2002) e o Premio da Crítica de poesía galega en
1994 e 2004.
A NAI
A
nai cando era nena
soñaba
veleiros brancos:
interrogaba
o porvir
tecendo
panos e cantos,
(…)
Peíños
descalzos na herba
e
as canelas no orballo,
buscando
o seu rostro nas nubes
ficaba
suspensa en abraio,
pensando
días futuros,
soñaba
veleiros brancos.
Mais
polo ceo sen tempo
dos
seus ollos, leves no leve,
brancos
no Branco,
seguen
a cruzar ténues,
venturosos,
imposíbeis,
aqueles
veleiros leves,
aqueles veleiros
brancos.