domingo, 4 de enero de 2015

PENÉLOPE, DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

No ano 2014 celebrouse o centenario do nacemento deste autor. Lembámolo ahora con este fermoso poema sobre a nosa irredenta Galiza PENÉLOPE, DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO Un paso adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus sonos non se move. A espranza nos teus ollos se esperguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mól coma unha uva. Pro tí envólveste en sabas de mil anos, i en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María!, e toda a cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza! DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961

O segredo do humor. Celestino Fernández de la Vega

CELESTINO FERNÁNDEZ DE LA VEGA: O SEGREDO DO HUMOR Galaxia-Ensaio. Vigo, 1983 O humor é a expresión máis lograda da sabiduría verdadeira -a que nace da colaboración da sensibilidade e da intelixencia, da vida e do espirito, para manifestar a sua liberdade-. Para ampliar sobre el tema ver también André Mourois: L´humour: une forme de civilisation