lunes, 28 de enero de 2019

EDUARDO PONDAL escribió,el poema Os Pinos, que fue escogido como Himno de Galicia (España)


EDUARDO PONDAL 
(Ponteceso, 1835-A Coruña, 1917) 

Utilizou unha linguaxe chea de cultismos, evitando toda forma coloquial. Entre os seus libros atópase o máis famoso, Queixume dos pinos, que inclúe o poema “Os pinos”, considerado como o Himno de Galicia dende que foi estreado na Habana, en 1907 e como Himno oficial polo Estatuto de Galicia desde 1981


HIMNO DE GALICIA

¿Qué din os rumorosos
na costa verdescente
ao raio transparente 
do prácido luar?

¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monotono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan

Non des a esquencemento
da inxuria ao rudo encono
desperta do teu sono
Fogar de Breogaán

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son

Máis so os ignorantes
e feridos e duros
imbéciles e escuros
non nos entenden non

Os tempos son chegados
cos bardos das idades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán

Pois onde quer xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
Nazón de Breogan.




No hay comentarios: