Comentarios y textos sobre poesía, novela, teatro, ensayo, pinturas, esculturas, recetas de cocina, etc. de todas las épocas.
domingo, 4 de enero de 2015
PENÉLOPE, DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
No ano 2014 celebrouse o centenario do nacemento deste autor.
Lembámolo ahora con este fermoso poema sobre a nosa irredenta Galiza
PENÉLOPE, DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
DÍAZ CASTRO, José María, Nimbos, Vigo, Editorial Galaxia, 1961
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario